viernes, 25 de abril de 2014

FALAMOS DE MIN - NOA

Comezamos a actividade "Falamos de min":  coa visita da mamá de Noa, Verónica. Estivo contándonos moitas cousas de cando Noa era máis pequena, e de agora tamén: que lle gusta moito o chocolate, que non lle gusta nada mollar a cabeza cando se baña, que co seu irmán pois non lle gusta xogar muito ou que ten unha tartaruga que anda solta pola finca !!
Grazas Verónica por vir !!!











Aniversario de Maira !!

Maira xa ten...5 anos !! E na clase celebrámolo por todo o alto e comendo unha tarta riquísima de chocolate que Maira nos trouxo !!







viernes, 18 de abril de 2014

Momentos do curso


Presentamos este magnífico documento que mostra que A Galeriña si é unha verdadeira comunidade educativa coa participación de todos os seus membros incluso, coma neste caso, bailando e cantando. Marabilloso momento!! Grazas !!

O nos día da árbore

Completando a actividade que estamos desenvolvendo coa horta plantamos no noso xardín unha ameixeira que agardemos dure moitos moitos anos e poidamos vir muitas veces a coller ricas ameixas dela.










Somos apicultores

NEste segundo trimestre estivemos descubrindo un pouco sobre a vida das abellas, como fan o mel, onde viven... E claro, para traballar con abellas e ser un apicultor de verdade, sabedes qué? Isto!! (certo é que a algún e algunha non lle apeteceu por o traxe, non pasa nada!!)







Creamos arte

Pensades que so se pode debuxar coas mans ? Con pinceis? NOOOOOOOOON !!! Mirade isto..





Experimentamos coas medidas

Dentro do noso xogo de coñecernos mellor: o noso peso, canto medimos... Tamén xogamos a ver quen calzaba o zapato máis grande  e máis pequeno. Aquí deixamos algunha foto así como unha foto de todos e todas ordeadiños por "tamaño"




A nosa horta

Hai xa unhas semanas que fixemos a horta na escola. Paseniñamente as leitugas, fresas, acelgas ou berzas que temos plantadas van medrando. coma sempre, grazas a s familias que colaboraron. Mirade que ben o pasamos !!