viernes, 18 de octubre de 2013

A moverse !!


Aquí estamos bailando. Encántanos o Chin Pum !!
Como Jose estaba maliño este día e non sae no video, dedicámoslle este baile a el cun forte bico!!

jueves, 17 de octubre de 2013

A imaxe simpática da semana

Todas as imaxes teñen a súa beleza, pero das que sacamos, xa que é imposible ter imaxes de todo, sempre hai algunha que por simpática chama a atención.
Cada semana poremos unha "Imaxe simpática da semana", procurando desde logo conquerir captar a cada neno e nena nese momento e así teñan cadansúa.
Para comezar esta está moi ben. Pode ser que non teña muito de especial, coa excepción de que estabamos en mércores, o día da froita !!! Nun despiste, Norah pensou que a froita está moi ben pero o chocolate....mellor!!!

Somos uns artístas e vimos da Galeriña !!

Sabedes que estamos facendo unha orquestra na clase?
Bueno, de momento o que facemos é...digamos...un conxunto de sons, algúns menos agradables que outros, outros gústaannos máis pero pouco a pouco xa que estamos descubrindo e experimentando como soa cada cousa (instrumento). Deixádenos un tempo e xa veredes, xa.



Preparando os foguetes !!

10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, 0 DESPEGUEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE !!!!!!!!!!

Uns querían pintar na mesa e outros preferían no chan. Pero todos estamos facendo o noso gran foguete...atentos que comeza a conta atrás...10...9...8....








Momentos...







Deixámosvos fotos con diferentes momentos da nosa vida na aula.

Nun minuto...


Os anuncios son parte da nosa vida. Na televisión, no xornal, na radio, na estrada...podemos ver anuncios e máis anuncios. A maioría absolutamente prescindibles pero....somentes dura un minuto, e non son muito de meter anuncios no blog, pero este...

viernes, 11 de octubre de 2013

Para Noa !!

Como hai unha tempadiña que non pode vir a clase, aquí lle deixamos este video co noso cariño !!




Tan divertido como xogar. Tan importante como aprender.

Sobran palabras... o que falta é a foto onde saían Lucia e Jose, pero  un demo informático borrouna :(











jueves, 10 de octubre de 2013

A vendimar !!!


Chegou o día da vendima.
Primeiro, e con coidado de non lastimarnos, cortar os acios que de xeito misterioso medraron na escola. Despois se meten no capacho e... listas para pisar !!!
É certo que todos axudaron a recoller os acios de uvas, pero o de pisar... a algún dáballe un pouco de cousiña... e non pisou. Para outra seguro que os que non pisaron se animan!!
Pouco máis podemos comentar de estas fotografías tan claras e explicativas !!
Hai caras que falan por si soas  !!


 




















Preparados para pisar !! (aínda que algún ao final...)







Antes de entrar...lavar os pes



Parte do resultado final do noso traballo. E houbo quen o probou !!