O luns levamos iogur, queixo...
O martes froitos secos, cereais....
Os mércores toca froita
O xoves un bocata
E o venres a merenda é libre, cada quen leva o que quere (a excepción de bolos industriais).
Desta forma ademais de ter unha merenda variada na escola, vamos tomando conciencia da secuencia temporal dos días da semana e asociando cada merenda a un día diferente.
Pois como os mércores a froita pois...en fin...parece que nos custaba un pouqiño, puxemos en marcha este obradoiro de froita. Cada un levou unha froita diferente. Así fixemos unha pequena froitería con plátanos, uvas, mazás, peras, kiwis, laranxas e mandarinas. Estivemos vendo as formas das diferentes froitas, o seu tacto, a súa cor, se as podiamos comer con pel ou habería que quitarlla... Incluso os maiores estiveron a porlle o nome cos letras móbiles.
Despois de cortadas fixemos os nosos pinchos cun trociño de cada froita. Parece fácil pero aínda ten o seu aquel por ese trociño de froita no pincho. Todos e todas tiñamos que probar aínda que somentes fora un trociño de cada froita e por riba... por riba: o ingredente máxico...o chocolate !!!
Resultado? Podedes comprobalo nas fotos !!













Estes obradoiros de froita.....triunfan mogollon!! Son xeniais as fotos!! Super bonitas as das palabras!! E que boa pinta as brochetas... QUE PRESENTACION!!!....YUUUUUUUUUUUM VOUNAS PROBAR EU TAMEN!!!!
ResponderEliminar