Sabemos que estamos no outono (aínda que as veces non nos acordemos). Sabemos que hai árbores que nesta estación perden as súas follas. No noso xardín hai desas árbores que o profe di que son de folla caduca (que risa nos dá!!). Recollemos algunhas follas. Pero antes de facer o mural había que ver a súa cor, a súa forma, o seu tacto...cheiran ou non cheiran?. Pero tamén tivemos que facer unha selección: as pequenas para aquí, as grandes para alá!!
E despois apeteceunas pegalas nun papel para ter cada un as súas!!
E para lembrarnos puxemos GRANDE, ben grande, e pequeno, un pouquiño pequeno.
Ola !! Este blog pretende recoller a vida dunha pequena escola unitaria. Pequena pero grande na ilusión dos que nela estamos. Está situada nun sitio precioso e tranquilo, cheo de natureza e na que cada día é unha aventura. Somos dez nenos e nenas e un profe. A través deste blog poderedes ver parte da vida que transcurre na Escola A Galeriña, de Nespereira, en Pazos de Borbén. Un saúdo de Norah, Iker, Paula Barciela, Paula Rivas, Noa, Maira, Érika, Iván, Jose e Lucía. Gracias pola vosa visita !!
Etiquetas
- Contacontos (5)
- Falamos de min (7)
- GaleriñaTv (5)
- Horta (1)
- Imaxe simpática (4)
- Nadal (4)
- Vendima (4)





No hay comentarios:
Publicar un comentario