miércoles, 9 de octubre de 2013

Chegou o tempo da vendima !!

No outono unha das froitas que podemos atopar nos campos é a uva. Da uva sabemos moito, moito...
- Hainas blancas e tintas.
- Case todas son redondas.
- Están todas xuntas (nun acio se son muitas ou nun cangallo se son poucos, di o profe !!)
- Son ricas.
- Teñen sementes pequenas.
- Medran na viña
- Ao meu pai gústanlle moito
- E a min tamén me gustan

(respostas recollidas dos nenos e nenas sobre as uvas)

- E...serven para pintar?
- Noooooooon!!! Cómo vas pintar coas uvas profe??!! (risas)
- Probamos logo a ver que pasa?
- Si, si ,siiiiiiiiiiiiiiiiii !!!!

Primeiro tentamos pintar coas blancas peeeeeero.... non nos convence, case nen se nota.
Coas tintas....coas tintas se que é diver !!! Manchan un montón !!
Pintamos directamente con elas sobre o papel, aplastandoas, co zume que van deixando na caixiña, axudándonos dun pincel, co dedo, coa man.... de todas as maneiras que se nos ocurriron!!
Tamén a algún se lle ocurríu que a medida que pintaba pois o mellor era...comer a matería prima !!!
Pasámolo moi ben.
Mirade...mirade...



A nosa "pintura" en estado natural
Preparados, listos....
Primeiras probas...

Coas blancas isto non vai....


Mellor será probar coas tintas!!

Isto xa é outra cousa

Para arriba, para abaixo e o papel vou pintando.

E se aplasto a uva?

Aquí estamos traballando !!

A ver que pasa  se collemos zume co pincel...

Pouco a pouco completamos as nosas obras mestras !!


E quedaron colgadas para secar

Preciosas

Doces como as uvas

Naturais como os nenos e nenas

Simplemente...xeniais !!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario