jueves, 17 de octubre de 2013

A imaxe simpática da semana

Todas as imaxes teñen a súa beleza, pero das que sacamos, xa que é imposible ter imaxes de todo, sempre hai algunha que por simpática chama a atención.
Cada semana poremos unha "Imaxe simpática da semana", procurando desde logo conquerir captar a cada neno e nena nese momento e así teñan cadansúa.
Para comezar esta está moi ben. Pode ser que non teña muito de especial, coa excepción de que estabamos en mércores, o día da froita !!! Nun despiste, Norah pensou que a froita está moi ben pero o chocolate....mellor!!!

2 comentarios: